O sistema solar.
O sistema solar é aquel no que vivimos, o cal está formado por un conxunto de obxectos astronómicos que xiran en órbita pola gravidade da única estrela, o Sol. Este é o único que emite luz propia, producida pola combustión de hidróxeno e a súa transformación en helio. A idade aproximada deste sistema é de 4.600 millóns de anos.
Planetas do Sistema Solar.
Os planetas do sistema solar poden ser de dous tipos:
- Interiores (ou rochosos): Mercurio, Venus, Terra e Marte. Son pequenos e con atmosferas delgadas.
- Interiores (ou rochosos): Mercurio, Venus, Terra e Marte. Son pequenos e con atmosferas delgadas.
Mercurio é o planeta máis próximo ao Sol, e é tamén o máis pequeno. A súa órbita é inferior á da Terra. Ademáis carece de satélites.
Venus é o segundo planeta máis próximo ao Sol e o terceiro en tamaño de maior a menor. O seu nome procede dunha diosa romana, e dise que é o planeta irmán da Terra porque ambos son moi parecidos en tamaño, masa e composición (aínda que se diferencien en aspectos térmicos e atmosféricos). A súa atmosfera é moi quente porque atrapa moito calor, e está formada sobretodo por gases coma o dióxido de carbono.
A Terra é o terceiro planeta máis cercano ao Sol. É o máis denso e o quinto maior en tamaño (ademáis de ser o maior dos catro interiores). Ten aproximadamente uns 4.550 millóns de anos e a vida apareceu uns 1.000 millóns de anos despois. As condicións físicas da Terra, as súas características e propiedades fixeron dela un lugar idóneo para a vida. Ten un satélite, a Lúa.
Marte é o cuarto planeta máis próximo ao Sol, e o máis afastado del dos catro interiores. Recibe o seu nome dun deus romano e a veces chámase o planeta vermello pola súa cor. A súa atmosfera é delgada e formada principalmente por CO2, e pese á súa apariencia de planeta morto non o está. Posúe tamén dous satélites: Fobos e Deimos. En moitos aspectos é o máis parecido á Terra.
- Exteriores (ou gasosos): son Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno. Son de maior tamaño, compostos por un núcleo sólido e una grande envoltura gasosa (principalmente de hidróxeno e helio).
Xúpiter é o quinto planeta máis próximo ao Sol, e, despois de este, é o maior corpo celeste existente no sistema. Non ten una zona interior definida. Posúe varios satélites chamados satélites galileanos (descubertos por Galileo), ademáis doutros moitos máis pequenos. Recibe o seu nome dun deus romano.
Saturno é o sexto planeta máis próximo ao Sol, o segundo en tamaño e masa despois de Xúpiter e o único cun sistema de aneis visibles dende o noso planeta. Posúe un gran número de satélites, o maior dos cales, Titán, é o único do sistema solar cunha atmosfera importante.
Urano é o penúltimo planeta máis cercano ao Sol, o terceiro máis grande e o cuarto en masa. No ceo nocturno pódese ver a simple vista, pero non foi catalogado como planeta na antigüidade pola súa escasa luminosidade e a lentitude da súa órbita. En composición é similiar a Neptuno, e ambos os dous son diferentes a Xúpiter e Saturno. Posúe ademáis a atmosfera planetaria máis fría do sistema solar. Ten tamén 27 satélites naturais coñecidos.
Neptuno é o planeta máis afastado do Sol. É o cuarto planeta en diámetro e o terceiro máis grande en masa. O seu nome procede do deus romano do mar. Actualmente coñécense catorce satélites de Neptuno (o maior deles recibe o nome de Tritón).
Planetas ananos.
Os planetas ananos son corpos cuxa masa lles permite ter forma esférica, pero non a necesaria para atraer ou expulsar a todos os corpos do seu arredor. Estes son: Plutón, Ceres, Makemake, Eris e Haumea.
Outros corpos do Sistema Solar.
Ademáis dos citados anteriormente, existen outros corpos no sistema, como son:
- Os asteroides: corpos pequenos concentrados maioritariamente no cinturón de asteroides (entre as órbitas de Marte e Xúpiter; máis alá de Neptuno). Debido á súa escasa masa non teñen forma regular.
- Os obxectos do cinturón de Kuiper: son obxectos xeados exteriores en órbitas estables. Os máis grandes son Sedna e Quaoar.
- Cometas: son obxectos xeados de pequeño tamaño que proveñen da nube de Oort.
- Os asteroides: corpos pequenos concentrados maioritariamente no cinturón de asteroides (entre as órbitas de Marte e Xúpiter; máis alá de Neptuno). Debido á súa escasa masa non teñen forma regular.
- Os obxectos do cinturón de Kuiper: son obxectos xeados exteriores en órbitas estables. Os máis grandes son Sedna e Quaoar.
- Cometas: son obxectos xeados de pequeño tamaño que proveñen da nube de Oort.